Os membrácidos


De nomes raros a bichos extraños. Non son galegos pero vale a pena dar unha vista de ollos nestes insectos que algúns din que teñen aspecto surreal. Tanto é así que a miña ignorancia me fixo dubidar de que fosen reais pero pódense atopar en Costa Rica (Cladonota ballista), Brasil (Bocydium globulare) ou Perú (Heteronotus maculatus). Son Membrácidos aos que Pedro A. Álvarez, no Boletín nº 27 do S.E.A., descrebe como pequenas cigarras arborícolas que desenvolveron de forma espectacular o primeiro segmento torácico, adquirindo formas insólitas. Di que en Europa hai duas (bautizados por Geoffrey como diaño pequeno – Gargara genistae e mediano – Centrotus cornutus, os dous presentes na Península Ibérica aínda que descoñezo se andan por Galiza).
Con ser certo todo o dito anteriormente, realmente estes bichos existen, a fotografía que aquí puxen corresponde a unha escultura de Alfred Keller para o Museo de Historia Natural de Berlín

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.