Cynthia virginiensis

AEGA acaba de presentar no volume nº 8, (xa aberto a novos artículos), un artigo sobre novas citas galegas de Cynthia virginiensis (para algúns Vanessa virginiensis), escrito por Eliseo H. Fernández Vidal .


Fotos tomadas da wikipedia

Até agora a información que coñecía era a dunha captura da que falaba o mesmo autor no libro Guía de las mariposas diurnas de Galicia (supoño que se referirá a Rey Muñiz, X.L. (1986): Vanessa virginiensis (Drury) en Galicia. In Cuaderno de Caza. Cerambyx. 6: 24. ) e a das fotografías de Laura Lago Fernández e Rafael Estévez en 2008 que mostran os de ANABAM.

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Cynthia virginiensis

  1. cesar di:

    Boas,
    o link ao artigo non funciona, alomenos a min. Habera que estar atentos por se atopamos a especie.

    Cesar

  2. xisbe di:

    Corrixido.
    Polo anverso non parece fácil diferenciala da Cynthia (Vanessa) cardui, agora polo reverso eses “ollos” delátana. Se podo darei unha volta pola localización ourensá.
    Gracias César

Os comentarios están pechados.