Entrevista a Jose Álvarez Gándara

De Jose Álvarez Gándara di Rafael Estévez:

“…compañero y amigo de fatigas, que este año me ha acompañado a lo largo de todas mis salidas a la campiña gallega.
Tambien para celebrar que por fin que se haya decidido a formar parte de esta ‘enloquecida’ comunidad.
Os aseguro que con su entrada, hemos ganado todos muchos enteros.
Pero sobre todo por esas charlas animosas que nos entretenian y mantenian despiertos nuestros sentidos a lo largo de esa sinuosa y repetitiva carretera del Sil que por fortuna hemos podido recorrer hasta el aburrimiento pero que indudablemente nos conducia inexorablemente a los rincones mas emblemáticos de nuestra geografia…”

¿Non sei si queres comenzar facendo unha pequena presentación persoal?

Pouco teño que presentar, son un tipo do mais normal, dentro dos canones sociais da normalidade. Unha palabra perigosa esta de “normal”.

¿Que pasou para ter un especial interés en fotografar bolboretas?

A verdade que comencei a fotear bolboretas polo meu colega Tito Salvadores, paxareiro coma min que xa tiña o tema bolboretil metido no sangue, pedirame que foteara todas as que mirara e así podelas identificar, algo tan sinxelo coma isto.

Polo que levo visto en Mirada Natuural saes a fotografar con Rafael Estévez. Teño lido en Mirada Natural que “algún mataría” por sair a facer fotos con el ¿Porqué?

Supoño que o diran polo gran fotografo que é, pero eu engadiría moitas cousas. Rafa e unha das persoas das que soamente con ir o seu carón estas aprendendo, non soo de bolboretas e de fotear se non da vida mesma, e unha persoa moi especial, boa xente coma poucos, sinxelo, amable e totalmente desprendido, pra min e todo un pracer e un privilexio ser amigo de este gran home.

¿Que equipo levas habitualmente?

Canon 5D MII , 100IS, Flash 430 EX II, tamen o 180 de Tamrom(dende fai dous meses), non fai moito levaba a 20D e o sigma 105 macro.

Polo que parece non levas moito tempo na fotografía pero as imaxes son de gran calidade ¿Fixeche algún curso de fotografía?

Na fotografia levo moitos anos, no macro e nas bolboretas pouquiño, e foi esta disciplina a que me fixo tomarme en serio este entretenimento. Rafa tuvo moitisimo que ver nisto.
Nunca fixen nengún curso.

¿Colaboras ou colaborache con algún medio de comunicación?

Nunca.

¿Participache en concursos?

Tampouco

¿Ademáis de co Lepi-Atlas colaboras en algún outro proxecto científico ou con algún grupo naturalista?

Non teño tempo pra case nada.

¿Cantas das especies galegas, aproximadamente, levas fotografado?

Unhas 121 especies.


Maculinea arion

¿Cal é a especie que che gustaría fotografar este ano?

Bastantes pero teñolle moitas gañas a Hiparchia fidia

¿Utilizas algún tipo de software? Si é afirmativa a resposta ¿Que tipo de retoque fas?

Uso Potocho, foteo en RAW pasoa a jpg, e pouco mais, niveis, Iluminación e as veces máscara, teño que recoñecer que non teño moita idea do tema

¿Cal é a tua opinión sobre o debate na rede arredor da propiedade intelectual?

Non sei deste debate, polo que non me vou pronunciar, non me interesa moito.

¿Que futuro lle espera ás boloretas galegas?

Que queres que che diga, neste pais pouquiñas cousas teñen futuro, tiña que cambiar a mentalidade e a educación da xente.

¿Que medidas propoñerías para minguar os efectos negativos de tantas agresións sobre o medio ambiente?

Todo sería moito mais sinxelo, se tivesemos unha educación medioambiental mais arraigada na nosa cultura, todas as medidas que tomaría son as que penso que todos os que nos gosta a natureza teriamos na mente.

Para rematar ¿Podíasnos contar algo divertido que che teña acontecido fotografando bolboretas?

Teño moitas anecdotas divertidas pois o paso moi ben por eses montes de dios foteando, unha das últimas no Courel, foteando unha Boloria dia nun prado dunha paisana, acabei por levar unhas ovellas dun lado pra outro por orden da mesma, e iso que me dixera que tivera coidado co macho, pra min eran todiñas iguais pero levei unha tranca por se acaso.

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.

0 respostas a Entrevista a Jose Álvarez Gándara

  1. Excelentes entrevistas Xosé…
    Un saúdo aí para Gándara
    Vémonos

  2. xisbe di:

    Gracias Xosé Ramón pero son os entrevistados os que fan que sexan interesantes.
    Vémonos