Monterrei

Supoño que noutros lugares da nosa xeografía se daría unha situción semellante á de hoxe en Monterrei: 20ºC de temperatura e bolboretas diversas darredor.

De esquerda a dereita, arriba: Callophrys rubi, Gonepteryx rhamni, e abaixo Issoria lathonia e Polygonia c-album

Hai unha viña en Monterrei que visito cando quero ver bolboretas e rara vez falla, hoxe á tarde puiden ver as consabidas Nymphalis polychloros, un par de Aglais io, un par de Polygonia c-album, dúas Issoria lathonia, catro Callophrys rubi (unha delas noutro lugar non lonxe), unha Pieris rapae e unha Euchloe que non din identificado nin fotografado. O outro día respostáballe a César que tardaría un mes en ver Gonepteryx, que ignorante que son mi madriña, non teño perdón, hoxe 2 machos e onte nun instante de pasada un macho e unha femia en Oimbra. Agora só falta que apareza a esquiva Tomares ballus, o ano pasado só a vin unha vez, estou seguro que até a fotografei pero non aparece tal cousa nos meus archivos, outro misterio.
O dito: xa voan, estade preparados.

This entry was posted in Lepidoptera, Lycaenidae, Nymphalidae, Pieridae, Rhopalocera. Bookmark the permalink.

2 Respostas a Monterrei

  1. cesar di:

    As cousas estan acelerando moito, na Serrania de Cuenca hai 2 semanas estaban ata -16ºC, esta semana a maximas de 20ºC, e xa voaban as limoneiras, N.polychloros, pieridos, e algunha pequena.

  2. xisbe xisbe di:

    Aquí estamos igual, as mesmas especies e 20 ºC, tempo de tolos e sen chover.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>