Novos rexistros de noctuidos da Galiza baseados en fotografías obtidas no medio natural. (Lepidoptera: Noctuidae).

Eliseo Fernández Vidal acaba de ver aceptado o seu artigo Nuevos registros de noctuidos de Galicia (España, N.O. Península Ibérica) basados en fotografías obtenidas en el medio natural. (Lepidoptera: Noctuidae). para o Volume nº 8 de AEGA.
Está concebido partindo de imaxes que lle foron enviadas ou que achou na rede e que corresponden a especies con poucas ou ningunha cita no país.
No meu caso envíolle as fotografías de heteróceros que vou fotografando, poucas, para que teña constancia da súa presencia ou para que as identifique (na maioría dos casos)
Como sempre o meu agradecimento e admiración para Eliseo, Belén (¡que extraordinaria colección y que fantásticas fotografías!) e Alfonso Varela (ten unha base de datos do máis completo que un pode esperar de un non profesional, unha virguería que se decía cando era eu rapaz). ¡Parabéns!.
Foto de Nola subchlamydula (Staudinger, 1871) de Marzo 2012 na Serra da Lastra.

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.