Bolboretas galegas http://bolboretasgalegas.blogaliza.org Artrópodos fotografados en Galiza Mon, 10 Feb 2014 11:04:26 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.8.1 Cambio de servidor http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/2014/01/27/cambio-de-servidor/ Mon, 27 Jan 2014 17:46:26 +0000 http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/?p=4741 Sigue lendo ]]> Este blogue acaba aquí mesmo.
A partir de agora o blogue ten un novo enderezo:
bolboretasgalegas.net/
Grazas a ITnor que fixo todo o traballo de migración e no que a partir de agora estará o servidor desta páxina que co tempo contará cunha galería, en principio, das bolboretas galegas.
Anímovos a todos os interesados na biodiversidade galega a enviar os seus artigos e documentos gráficos.
Unha aperta

]]>
Primeira aproximación ao catálogo dos Anthicidae (Coleoptera) da Galiza (N.O. de la Península Ibérica ) http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/2013/12/11/primeira-aproximacion-ao-catalogo-dos-anthicidae-coleoptera-da-galiza-n-o-de-la-peninsula-iberica/ Wed, 11 Dec 2013 16:40:20 +0000 http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/?p=4663 Sigue lendo ]]> Novo artigo aceptado provisoriamente por AEGA para o seu volume número 9, neste caso Primera aproximación al catálogo de los Anthicidae (Coleoptera) de Galicia (N.O. de la Península Ibérica), José García Carrillo & Carlos Mejuto Rial, onde se aportan estudos de 19 especies de Anthicidae procedentes da Galiza, once de elas que se citan por primeira vez para o territorio.

]]>
Novos noctuidos para Galiza (España, N.O. Península Ibérica). (Lepidoptera: Noctuidae). http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/2013/12/10/novos-noctuidos-para-galiza-espana-n-o-peninsula-iberica-lepidoptera-noctuidae/ Mon, 09 Dec 2013 23:21:18 +0000 http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/?p=4658 Sigue lendo ]]> AEGA acaba de aceptar de forma provisoria para a publicación no próximo número 9 o artigo de Eliseo H. Fernández Vidal: Nuevos noctuidos para Galicia (España, N.O. Península Ibérica). (Lepidoptera: Noctuidae), onde se citan por primeira vez para Galiza: Catocala sponsa (Linnaeus, 1767), Parascotia nisseni (Turati, 1905), Recoropha canteneri (Duponchel, 1833) e Agrochola orejoni (Agenjo, 1951).
Parabéns.

]]>
Nova andaina http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/2013/12/03/nova-andaina/ http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/2013/12/03/nova-andaina/#comments Tue, 03 Dec 2013 12:25:19 +0000 http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/?p=4635 Aínda sen saber se permaneceremos aquí ou mudaremos de señorío (blogaliza) retomamos o blog en colaboración con varios amigos.


Reunión de Cupido minimus atraídos por unha fonte de mineral.
Foto feita en Moreda de O Courel en Maio de 2010

]]>
http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/2013/12/03/nova-andaina/feed/ 2
Nepa cinerea (Linnaeus, 1758) http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/2013/06/28/nepa-cinerea-linnaeus-1758/ http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/2013/06/28/nepa-cinerea-linnaeus-1758/#comments Fri, 28 Jun 2013 16:52:53 +0000 http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/?p=4616 Sigue lendo ]]> Este alacrán de auga apareceu na beira dunha pequena represa nun regato do sur de Ourense e vai servir, a non ser que cambien moito as cousas, de despedida deste blogue en Blogaliza.org.


Blogaliza.org está experimentando unhas mudanzas nas que a información é insuficiente e a resposta ás dúbidas prantexadas chega ao punto de que, no caso ser dada, pasan meses.
É certo que non pago polo servicio e que non ten publicidade como tamén é certo que o anterior xunto con ser unha iniciativa galega foi o que me levou a abrir o blogue nesta plataforma pero dada a nova situación actual creo que é o momento de buscar outro sitio.
Se alguén sabe dun servicio de pago que lle pareza interesante agradecía a información.

]]>
http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/2013/06/28/nepa-cinerea-linnaeus-1758/feed/ 4
Hamearis lucina (Linnaeus, 1758) http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/2013/06/06/hamearis-lucina-linnaeus-1758-2/ Thu, 06 Jun 2013 19:22:36 +0000 http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/?p=4587 Sigue lendo ]]> Cando a ves por primeira vez coas súas cores de ninfálido e tamaño de licénido pensas que debe ser unha Melitaea/Melicta enana pero ao achegarse o deseño das ás non cadra con ningún ninfálido e tampouco cos licénidos asi que debe ser da familia Riodinidae, como só hai un entón é Hameares lucina, perico en castelán, Duke of Burgundy (foi o primeiro a descrebela en Inglaterra e clasificouna como fritillary) en inglés e La Lucine en Francia.


Segundo Fidel Fernández-Rubio e colaboradores o nome científico ven de Hamearis, do grego (ama) = xuntamente e (ear) = primavera e lucina, do latín, diminutivo de lux = luceciña.
Ten arredor de 30 mm. de envergadura das ás e para distinguir macho de femia o mellor e reparar nas patas, o macho ten as dúas primeiras moi atrofiadas, mentras as femias teñen as seis reglamentarias, son de maior tamaño e abdome máis volumoso e hai quen diga que é de tons máis claros. O macho ten un comportamento territorial situándose nunha planta máis alta e saíndo ao paso de calquer outra bolboreta que se achegue ao seu pousadoiro mentras a femia pode facer vóos máis longos podendo establecer unha colonia alonxada.


As plantas que se citan nos libros como nutricias son P. vulgaris e Primula veris pero o máis probable é que na Galiza sexa P. vulgaris. Pasa o inverno como pupa perto da planta nutricia.
O lugar para vela sería nas clareiras dos bosques caducifolios, nas ribeiras e nos prados húmidos de montaña onde medre a planta. Na Galiza está presente entre os meses de Maio e Xuño no Suroeste da provincia de Lugo, no Noroeste e Sur de Ourense. Ouvín falar dunha cita na Mariña coruñesa pero descoñezo todo: autor e localización.
Fotografías de Maio e Xuño de 2013 feitas no Sur de Ourense
Fidel Fernández-Rubio, Aurelio Íñigo Torre y Antonio Jesús Fernández y Fernández-Arroyo no seu artigo da S.E.A., Las lenguas clásicas en los ropalóceros (Lepidoptera) del Paleártico Occidental; Bol. S.E.A., no 28 (2001) : 151—157.
PD: Por comunicación persoal indícame que a entrada contén algunhas inexactitudes. Como por exemplo que está presente nas catro provincias galegas, que foi citada por primeira vez por Eliseo Fernández Vidal hai 35 anos e que nas Mariñas é máis frecuente do que poda parecer aínda que localizada.
Moitas gracias pola aclaración.

]]>
Iberodorcadion seoanei (Graells, 1858), ssp. kricheldorfii. http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/2013/06/04/iberodorcadion-seoanei-graells-1858-ssp-kricheldorfii/ Tue, 04 Jun 2013 10:05:47 +0000 http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/?p=4565 Sigue lendo ]]>
Iberodorcadion seoanei: protórax con forte punteado, élitros con costelas ben marcadas e antenas máis cortas que os élitros, case exclusivo das rexións montañosas cántabras e galegas.
Tres subespecies: kricheldorffi, seoanei e laureae
O tal Kricheldorf fixo a descripción da subespecie a partir dun exemplar da Serra de Queixa (que despois transcribiron como Serra de Oneiza)


Fotografado neste mes de Xuño de 2013 no Sur de Ourense.

]]>
Novos rexistros de noctuidos da Galiza baseados en fotografías obtidas no medio natural. (Lepidoptera: Noctuidae). http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/2013/06/02/novos-rexistros-de-noctuidos-da-galiza-baseados-en-fotografias-obtidas-no-medio-natural-lepidoptera-noctuidae/ Sun, 02 Jun 2013 20:04:23 +0000 http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/?p=4557 Sigue lendo ]]> Eliseo Fernández Vidal acaba de ver aceptado o seu artigo Nuevos registros de noctuidos de Galicia (España, N.O. Península Ibérica) basados en fotografías obtenidas en el medio natural. (Lepidoptera: Noctuidae). para o Volume nº 8 de AEGA.
Está concebido partindo de imaxes que lle foron enviadas ou que achou na rede e que corresponden a especies con poucas ou ningunha cita no país.
No meu caso envíolle as fotografías de heteróceros que vou fotografando, poucas, para que teña constancia da súa presencia ou para que as identifique (na maioría dos casos)
Como sempre o meu agradecimento e admiración para Eliseo, Belén (¡que extraordinaria colección y que fantásticas fotografías!) e Alfonso Varela (ten unha base de datos do máis completo que un pode esperar de un non profesional, unha virguería que se decía cando era eu rapaz). ¡Parabéns!.
Foto de Nola subchlamydula (Staudinger, 1871) de Marzo 2012 na Serra da Lastra.

]]>
Orthetrum brunneum (Fonscolombe, 1837) , nova cita para a provincia de Pontevedra http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/2013/05/30/orthetrum-brunneum-fonscolombe-1837-nova-cita-para-a-provincia-de-pontevedra/ Thu, 30 May 2013 19:53:53 +0000 http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/?p=4545 Sigue lendo ]]> AEGAweb acaba de aceptar para o seu volume número 8 o artigo de José Álvarez Gándara, Javier Ferreiro Garrido e Jorge Vilas Souto
Orthetrum brunneum (Fonscolombe, 1837), nueva cita para laprovincia de Pontevedra (Galicia, NO Península Ibérica) (Odonata-Libellulidae).
Unha especie da que teño noticias de que tamén foi citada para a provincia de Ourense pero que nunca vin.
¡Moitos parabéns para os autores!
Fotografía tomada da Wikimedia con licencia Creative commons

]]>
O novo Flickr, ¡que merda! http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/2013/05/28/o-novo-flickr/ http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/2013/05/28/o-novo-flickr/#comments Tue, 28 May 2013 17:07:34 +0000 http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/?p=4533 Sigue lendo ]]> Estou pensando en deixar Flickr, onde levo publicando fotos desde 2004, debido a súa nova política de incluir publicidade e outras cousas. Creo que vou retomar a conta de Fotonatura que teño abandonada desde hai moito tempo ou incluso comezar unha nova andaina nunha páxina (páxina web e/ou blog) contratada polo que vos agradecería me comunicásedes as que considerades mellores e sinxelas.


Boloria (Clossiana) euphrosyne, fotografada no Sur de Ourense en 2013.

]]>
http://bolboretasgalegas.blogaliza.org/2013/05/28/o-novo-flickr/feed/ 2