Entrevista a Kiko Arcas

Abro o abano para presentar xente interesada por outros aspectos da Natureza porque non todo van ser bolboreteiros cando hai persoas no país facendo traballos tan bons.
Hoxe a entrevista é a Kiko Arcas, un extraordinario fotógrafo vigués da natureza.

¿Podías empezar facendo unha pequena presentacion persoal?

Meu nome é Kiko Arcas, teño 35 anos e comencei nesto da fotografía de Natureza dende hai xa 13 anos, aínda que levo desfrutando da Natureza dende que tiña 11.
Dende neno sempre sentín admiración polo mundo natural e en concreto polas aves, así que en canto puiden xuntei as miñas dúas paixóns, a fotografía e a Natureza.

¿Que foi o que che fixo empezar nisto da fotografía?

Creo que o poder ter as aves tan cerca sen que elas se percaten de mín, metido dentro dun escondite e ter esa complicidade cos “bichos” foi o que máis me chamou.

Ademáis de cámara/s e objetivo/s, ¿que accesorio/s consideras imprescindible?

Non sei se é un “accesorio” ou non pero ter algo de biólogo, zoólogo, ecólogo, se non sabemos con antelación o que vamos a fotografar, sen ter un mínimo coñecemento da especie ou especies a fotografar dificilmente conseguiremos o noso obxetivo. Despois como accesorio material imprescindible sen dúbida un trípode, escondites ou tamén chamados hides non poderemos fotografiar certas especies, sobretodo aves e mamíferos.

¿Dentro da fotografía da natureza cal é a túa preferida?

As aves, son a miña paixón.

¿Que lugar do país che parece especial para unha saída fotográfica?

Calquera é bo, afortunadamente vivímos nun país que ten dende desertos a alta montaña, pasando polas estepas aragonesas, as belas dehesas extremeñas, marismas coma Doñana ou o Delta do Ebro, paisaxes costeiras coma Galiza, Asturias ou o País Vasco, etc en resume, todo un luxo de país para o fotógrafo de natureza.

¿Saes con toda a “tralla de material” ou levas o imprecindible?

Deixo o que non preciso nese intre, se vou fotografar aves rapaces pois o obxetivo macro, flases e outros cachivaches quedan na casa. Se pola contra saio a fotografar flora pois é o turno de deixar na casa o teleobxetivo.

¿Prefires ir só ou acompañado?

Gústame ir acompañado por bos amigos fotógrafos, non todo é fotografia, tamén hai que divertirse e pasar bos momentos, e se de paso cae algunha boa foto pois perfecto.

¿Que ten a fotografía de natureza para ser especial para ti? ¿Que pretendes
decir coas fotos?

Gústame, reláxame, esquezo os problemas por unhas horas e disfruto cos bichos. En canto a que pretendo decir, pois espero ensinar que non todo é gaivotas e pardais, hai moitas cousas que ensinar que a xente aprenda a valorar o que temos arredor, sorpréndeme cando fas fotos a escasos kilómetros de casa e a xente che pregunta se fuches a algún país en especial para facer esa foto ou se a que fixéches de ondas o día anterior están feitas en Hawaii, temos un descoñecemento absoluto do mundo natural que nos rodea é así e imposible protexer nada, así que para eso están as fotos, para ensinar e educar.

¿Colaboras con algún grupo naturalista ou científico?

Sí, con Anabam, Axena, Sociedade Polaca de Ornitoloxía, entre outros.

Lin que xa publicache en algún medio e participache en concursos
¿Resultou, en xeral, unha experiencia satisfactoria?

Sempre é satisfactorio, o ano pasado finalista da Wildlife Photographer of the Year da BBC e este 2011 mención de honra no Glanzlichter alemán, son grandes satisfaccións nas que ves que os madrugóns, as molladuras, etc mereceron a pena.

¿Cales son os teus próximos retos fotográficos?

Calquera foto é un reto, sempre queres facelo o mellor posible e non sempre saen as cousas como queres.

¿Que tipo de software utilizas?

Utilizo Photoshop pero procuro usalo o máis mínimo, non me chama moito.

¿Paréceche unha agresión a presencia de tantos muiños de vento nas nosas serras
ou pensas que é un mal menor?

Calquera alteración do medio é unha agresión pero aparte disto, xa entramos no debate das renovables, nucleares, térmicas, etc. O que está claro e que cada vez somos máis na Terra e creo que este é o prezo que hai que pagar, nos guste ou non, cada vez o consumo enerxético vái a máis e dubido moito de que se reduza así que por desgracia veremos máis e máis muiños.

¿Debe ser O Courel un Parque Nacional?

Penso que sí, pero sempre contando coa poboación local, eles son os que viven alí e teñen que darlles solucións aos problemas que se lles poidan plantexar que me imaxino que non serán poucos, nós dende as urbes vémolo todo moi doado, pero repito, hai que contar coa poboación local para que O Courel poida chegar a ser Parque e que todos quedemos contentos.

¿Que medidas propoñerías para minguar os efectos negativos de tantas agresións
sobre o medio ambiente?

Máis vixilancia e máis man dura para que a xente cando fose a facer algunha cousa pensáseo máis dunha vez. Neste país mírase moito para o outro lado e moitos vanse de rositas despois de facer auténticas burradas.

¿Pódesme decir o nome de algún fotógrafo , vivo ou non, que consideres
excepcional?

Calquera dos meus amigos fotógrafos, de todos sempre aprendo algo. Nomes coma Javier Ramos, Aníbal Ferrón, Alberto Saiz, Javier Alonso, Marcos Veiga e un largo etc.

Para rematar gustaríame que nos contases unha anécdota divertida que che pasase
nas túas saídas fotográficas

Agora mesmo acordarme dunha soa e difícil, véñenme a cabeza situacións como ir a fotografiar Martiños peixeiros e ver como se pousan no parasol do obxetivo, persoas que pensan cando ven os escondites que eres coma unha especie de Ovni con un alieníxena dentro, mareas que suben más rápido do normal, chaparróns de libro, podería escribir un libro con todas as que paséi e coas que están por vir.

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.