Brincando sebes


Continúo na procura de Euchloe belemia, cousa branca voando que vexo (ou é cinza ou é unha Euchloe crameri) alí vou saltando valados, muros ou sebes, coma fai esta Lasiommata megera que apareceu no camiño, un 28 de Febreiro, ¡quen o diría! As guías falan de que aparece en Marzo, algúns en Abril, pero en Febreiro moi cedo parece, aínda que con este tempo tan tolo de sol e 20 ºC tampouco é de extrañar. O libro As borboletas de Portugal fala de tres xeracións de Xaneiro a Decembro pero gustaríame saber cantas citas hai en Galicia tan temperás, ha de habelas.

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.

0 respostas a Brincando sebes

  1. cesar di:

    Hoxe pareceume ver unha no Suido,voando entre os penedos e libando nas uzes.

  2. xisbe di:

    No Rhopalonatos C. Damián fala de que xa a viu en Xaneiro nos arredores de a Coruña.